Biography


home · biography · events · press · catalog · recordings · samples · album · contact



Photo: Patrice Perry


“...one of the most outstanding musicians of his generation.”
O Sil

“...the Art of Creating Melodies, with capital letters.”
www.mundoclasico.com

“...sublime.”
Liceus

“...one of the foremost composers of classical music.”
El Progreso


Last Update: Febr. 06

O compositor Octavio Vázquez "(...) amosa a enerxía, a intensidade e a sensibilidade dun Franz Liszt, cun contido e estilo de seu; único entre os músicos da súa xeración, escrebe e toca cunha extraordinaria paixón romántica que é menos unha sombra dun século pasado que un facho ardente para o próximo." foi a reacción de Mark Greenfest, do New Music Connoisseur, despois da estrea das súas Danzas Galegas en Nova Iorque en xuño do 2003.

Recoñecido por moitos coma un dos líderes musicais da súa xeración, Octavio ten escrito extensamente en tódolos xéneros, dende música de concerto ata bandas sonoras. A súa música ten sido interpretada en diversos países de Europa e América e retransmitida nacional e internacionalmente por radio e televisión. Premios e bolsas inclúen o II Concurso Internacional Andrés Gaos, o IV Concurso Internacional Prokofiev e a bolsa da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Nesta tempada destaca a estrea absoluta sa súa sinfonía Styx, encargo da Orquestra Sinfónica de Galicia. Ademáis o Sr. Vázquez foi nomeado composer-in-residence da Orquestra Sinfónica Chi Mei en Taiwan, e máis do Guernica Project (guernicaproject.org), un ambicioso proxeto internacional que busca incrementar a conciencia global da necesidade de paz e cooperación international.

A tempada pasada viu a estreas absolutas de Hermes, unha peza orquestral encargada pola Real Filharmonia de Galicia, o String Quartet No. 3, no Merkin Hall de Nova Iorque, e un trío para flauta, fagote e piano, encargo do Musical Chairs Chamber Ensemble Inc., do que o Sr. Vazquez foi composer-in-residence.

Na tempada 2003-04 destacou a estrea absoluta no Carnegie Hall da súa Sonata para Viola e Piano No. 2, polos solistas Viacheslav Dinerchtein e Eldar Nebolsin, e a estrea absoluta do seu Trío para Flauta, Viola e Cello, polos solistas Jennifer Bleick, Nicholas Chords e Daniel Gaisford, tamén no Carnegie Hall. En maio a Orquestra Sinfónica de Galicia presentará a súa obra Memento na Triennale Musical de Colonia.

Estreas a tempada anterior incluíron as súas Danzas Galegas, encargo do New York State Council on the Arts and Humanities (Consello do Estado de Nova Iorque para as Artes e as Humanidades), e o seu ciclo de cancións para voz e trío con piano sobre poemas de Ilia Galán, Tempestad, Amanece, en Nova Iorque e máis en Madrid. En abril de 2003 a Sonata para Viola e Piano No. 2 foi unha das composicións gañadoras no Concurso Internacional Prokofiev en San Petersburgo.

A tempada 2001-02 viu as estreas do seu Trío para Violín, Cello e Piano e os seus Dezanove Preludios para Piano, así como as estreas en América da Sonata para Viola e Piano No. 1 e máis a Sonata para Violín e Piano No. 2. Tamén no mesmo ano interpretou as súas Cancións sobre Poemas de Ilia Galán no Carnegie Hall coa soprano Ana Taglianetti, convidado polo III Festival Internacional Chopin.

Seguindo o seu debut en Nova Iorque no 2001 coa soprano Ewa Izykowska, interpretando as súas propias cancións, en maio do mesmo ano Octavio dirixiu a Cosmopolitan Symphony Orchestra e mailo pianista Julian Gargiulo, nun programa que incluiu o Concerto para Piano No. 2 de Rachmaninoff.

Octavio, que estudou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e logo no Peabody Conservatory da Johns Hopkins University en Baltimore, actualmente reside na cidade de Nova Iorque.

VOLTAR






[ Back to top ]



home · biography · events · press · catalog · recordings · samples · album · contact

©2004 octaviov.com · Produced and Designed by Garvaz